A psicóloga vasca Ianire Estébanez dará mañá unha charla sobre igualdade a alumnado do IES A conferencia, enmarcada nas actividades de Igualdade, será a partir das 10.30 horas na Casa da Cultura

A psicoterapeuta e psicóloga vasca Ianire Estébanez compartirá a mañá deste xoves (21 de marzo) con alumnado de varios cursos do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño.

Especializada en prevención de violencia na adolescencia, agresións sexuais, relacións e uso das redes sociais pola xente nova, Estébanez falará aos/ás estudantes sobre o ciberacoso nas redes sociais, a súa prevención e a resposta colectiva de apoio, problemáticas que se poden xerar nas relacións de parella, o cibercontrol, a prevención de relacións tóxicas, etc.

Esta actividade, e outras ogranizadas pola Oficina Municipal de Igualdade e financiadas pola Deputación de Pontevedra, o pasado mes de outubro, tiveron que suspenderse por razóns de saúde da psicóloga, que volta agora a Tomiño para impartir esta charla cos estudantes de secundaria.