30 Apr A Real Federación Galega de Motonáutica realizará as probas para conseguir o permiso de navegación para motos náuticas e pequenas embarcacións A actividade terá lugar o sábado 10 de maio na zona do río próxima ao Espazo Fortaleza de Goián
O vindeiro sábado 10 de maio, a Real Federación Galega de Motonáutica, en colaboración co Concello de Tomiño, realizará as probas para conseguir o permiso de navegación para motos náuticas ou embarcacións recreativas de ata 6 metros de eslora.
As devanditas probas terán lugar no río Miño na zona próxima ao Espazo Fortaleza e praia de Goián, onde se conta ademais cun pantalán para embarcacións de recreo e motos náuticas.
Para máis información e inscricións chamar ao número de teléfono 986 222 440 ou enviar un correo electrónico a rfg.motonautica@gmail.com