A revolución feminina de “The Tetas’Van” chega hoxe á Praza do Seixo “Os Meninos” tocarán mañá a partir das dez e media da noite

Dentro do ciclo “O son da Praza”, este venres, 9 de agosto, ás 22.30h, chega á Praza do Seixo (en caso de chuvia, no primeiro andar do Mercado Municipal) o concerto de “The Tetas’Van”; un grupo de chicas que se auto-define coma “unha revolución en feminino, que pretende revolucionar as salas de concertos coa súa música”.

Especialistas en versións, o seu obxectivo é o de “divertir transmitindo, reivindicando e loitando contra as inxustizas que nos tocan a todas, a través da nosa língua galega. Pretendemos ser tamén a voz de todas aquelas que desexen que cantemos os seus poemas, textos ou melodías e por iso contamos ca colaboración de poetisas que nos regalan as súas verbas encantadas”, explican as integrantes do colectivo.

The Tetas´ Van son artistas e malabaristas, que combinan a vida persoal e profesional de cada unha das músicas, “procurando a diversión e a felicidade a través das notas”.

Por outra banda e dentro tamén do ciclo de verán “O Son da Praza”, actuará mañá sábado, 10 de agosto, tamén a partir das 22.30h, o trío “Os Meninos”, formado por Madalena Gamallo (voz), e Iván García e Roberto Iglesias (guitarra). Tradición e modernidade, o fado e o jazz, o flamenco, o tango ou o reggae, aúnanse para colorear pezas propias e cancións da música portuguesa máis actual.

O ciclo “O Son da Praza”, un dos pratos fortes da Axenda de Verán organizada polo Concello de Tomiño, continuará con tres espectáculos máis no mes de agosto: o Festival Infantil Virxe do Alivio (17/08), “Áureas” (230/8), e “Antifrágil” (24/08).