A segunda Festa dos Callos de Tomiño despachou máis de 2.800 racións A participación foi masiva e a organización, a cargo do Tomiño F.C., logrou vender un 40% máis que na primeira edición

A segunda edición da Festa dos Callos de Tomiño, organizada polo club Tomiño F.C. coa colaboración do Concello, logrou vender máis de 2.800 racións (1.120 kg.), cifras que significan un 40% de incremento con respecto ás vendas do ano pasado, e que foron valoradas moi positivamente polos organizadores. “O máis importante foi que a xente participou masivamente e quedou encantada coa calidade do produto e coa boa organización”, comentou Manuel Vila, presidente do club.