A situación da sanidade e do transporte público son dúas cuestións que centrarán o traballo da Mancomunidade Continúan á espera dunha reunión coa Consellería de Sanidade, que xa solicitaron en repetidas ocasións

Os membros da Mancomunidade do Baixo Miño remataron o ano desexando ter unha reunión coa Consellería de Sanidade e que se atenda ás alegacións feitas respecto ao transporte público

Os membros da Mancomunidade do Baixo Miño, formada polos gobernos de Tui, Oia, O Rosal, A Guarda e Tomiño reuníronse (neste último) para tratar os temas importantes de cara ao ano que se inicia.

Entre outras cuestións, os rexedores municipais amosaron a súa preocupación por dúas que consideran cruciais para a veciñanza: a situación da sanidade e do transporte público na comarca.
Desde o pasado mes de xullo de 2019 veñen solicitando unha cita coa Consellería de Sanidade na Xunta de Galicia para falar da  situación, sen que até o de agora, obtiveran unha resposta positiva.
Por outra banda, no mes de agosto, fixeron alegacións ao anteproxecto de transporte que sacou a Xunta e que deixaba á comarca nunha situación aínda máis deficitaria que a actual, polo que realizaron un plan de necesidades do transporte para os concellos, que presentaron conxuntamente.