A unidade móbil de doazón de sangue desprazarase a Tomiño o xoves 20 de maio Estará situada na rúa Daniel Calzado Poceiro de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 21:00 horas

A unidade móbil de doazón de sangue desprazarase ao concello de Tomiño o próximo xoves 20 de maio. Estará situada na rúa Daniel Calzado Poceiro e o horario para as doazóns será de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:00 horas.

É importante almorzar antes de doar no caso de asistir en horario de mañá e esperar dúas horas despois de xantar no caso de asistir en horario de tarde. É importante non esquecerse de levar a tarxeta de doazón, o DNI ou algún documento similar e informar ao médico no caso de estar tomando algún medicamento.

Desde a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos lembran que nunha situación como a actual, onde é necesario gardar certas prevencións sociais para preservar a saúde de todos, é recomendable contar con cita previa para repartir a afluencia de doadores, evitando esperas. A cita previa pode solicitarse por teléfono a través do 900 100 828.