ciclomotor itv

A UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE CICLOMOTORES ESTARÁ EN TOMIÑO O día 28 de setembro ESTARÁ SITUADA NA EXPLANADA FRONTE Á POLICÍA LOCAL

Comunicamos que a unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores desprazarase a Tomiño durante o día 28 de setembro.

O lugar do seu emprazamento será en A Rocha nº8, na explanada fronte á Policía Local.

O horario para as inspeccións será de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00.

Poderase reservar cita previa a través do teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.