
08 Out A unidade móbil de Inspección Técnica de Ciclomotores estará en Tomiño o día 5 de novembro Estará situada na explanada fronte á Policía Local
A unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores desprazarase a Tomiño durante o vindeiro venres 5 de novembro.
O lugar de emprazamento será en A Rocha nº8, na explanada fronte á Policía Local.
O horario para as inspeccións será de 09.00 a 13.30 horas.
Poderase reservar cita previa a través do teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.