
13 Out A Unidade Móbil de Maquinaria Agrícola desprázase a Tomiño Estará presente no municipio os días 21, 22, 23 e 26 de outubro
A unidade móbil de inspección técnica desprazarase a Tomiño para realizar inspeccións técnicas periódicas de VEHÍCULOS AGRÍCOLAS (vehículos sen carga). O lugar no que se establecerá será a explanada da comisaría da Policía Local.
Estará presente os días 21, 22, 23 e 26 de outubro.
HORARIOS:
Día 21: de 11:00 a 13:30h e de 15:15 a 18:00 h
Día 22 de 9:00 a 13:30h e de 15:15 a 18:00 h
Día 23 de 9:00 a 13:30 h
Día 26 de 9:00 a 13:30 h e de 15:15 a 15:45 h
Para solicitar cita previa no Tlf: 902 309 000 ou a través da páxina web: www.sycitv.com no apartado de cita previa.