A V Gala do Deporte de Tomiño celébrase este sábado no Auditorio de Goián, precedida por unha xornada de xogos no pavillón Ás 20.30h comezará a celebración, presentada por Terio Carrera, con actuacións de Pepo Suevos e un grupo de danza local

A V Gala do Deporte terá lugar o vindeiro sábado, día 9 de marzo, ás 20.00h, no Auditorio de Goián.

Como novidade desta quinta edición, ofertarase unha fantástica XORNADA MULTIDEPORTE para a infancia, onde nenos e nenas poderán practicar bádminton, tiro con arco, tenis de mesa, judo, petanca, etc., de 17.00h a 20.00h no pavillón polideportivo de Goián, situado xunto ao auditorio.

Como en anos anteriores, entregaranse diferentes premios elixidos polo xurado, como por exemplo :
Mellor entrenador ou club base
Premio á igualdade no deporte
Afán superación
Empresa colaboradora co deporte
Premio adicado a unha persona que estivo moi vencellada ao deporte durante moitos anos.

Pecharán a gala os premios aos deportistas con maior proxección deportiva e o premio aos mellores deportistas masculino e feminino absolutos.

A Concellería de Deportes agarda contar coa presenza de colectivos, asociacións, clubs e público en xeral, para render homenaxe a todas as persoas deportistas tomiñesas, e premiar a aquelas que destacaron neste último ano.

Agradécese que se confirme asistencia no enderezo electrónico:  deporte@tomino.gal