A xerente de escolas infantís do Consorcio Galego visita o Seixo para coñecer as reformas necesarias

O investimento roldará os 8000 euros, cos que se acometerán reformas interiores e de seguridade

Visita 4. Xerente, directora da escola e concelleiro

A xerente adxunta de escola infantís do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Carmen García Cantelo, visitou esta mañá a Escola Infantil do Seixo, para coñecer as reformas interiores que necesitan realizarse para mellorar o estado xeral das instalacións e as medidas de seguridade.

Acompañada polo concelleiro de Medio Rural, Lois Vázquez e técnicos, a xerente recorreu as distintas partes do edificio, situado na rúa Gondomar, para consensuar prioridades e criterios, anticipando que o investimento máximo roldará os 8.500 euros.

simulacro incendio

Por outra banda, o persoal da escola infantil realizou hoxe un simulacro de incendio, co fin de ensinar a nenos e nenas como comportarse ante o caso hipotético dun sinistro destas características.