Aberta a preinscrición para novos usuarios e usuarias das escolas infantís de Tomiño e Goián As listas provisionais publicaranse o día 10 de maio, tendo coma prazo de reclamación do 13 ao 21 do mesmo mes

O prazo para novas inscricións e renovacións das dúas escolas infantís de Tomiño (O Seixo e Goián) para o curso 2019-2020 estará aberto até o vindeiro día 5 de abril, publicándose as listas provisionais o día 10 de maio, e tendo coma prazo de reclamación do 13 ao 21 dese mesmo mes.

En ambas escolas existen vacantes. No caso da Escola Galiña Azul do Seixo: 7 vacantes no grupo de 0-1 ano; 5 no grupo de 1-2 anos, e 7 no grupo de 2-3 anos. Pola súa banda, en Goián, as vacantes son 7 no grupo 0-1 ano; 5 no grupo 1-2, e 15 no grupo 2-3.

A publicación das listaxes definitivas será o 31 de maio e o prazo de matrícula do 3 ao 12 de xuño de 2019. Para máis información, chamar ao 986 622 887 (Escola Infantil de Tomiño) ou 986 620 385 (Escola Infantil de Goián).