Aberto o prazo para inscribirse no curso de preparación das probas da ESO por libre 2015-2016

O Concello de Tomiño organiza un curso de formación de adultos co obxectivo de preparar ao alumnado para obter o graduado da ESO por libre.
Os requisitos para inscribirse no curso serán:
• Estar empadroado en Tomiño.
• Non estar matriculado oficialmente en ningún curso da ESO, en ningún centro educativo de Galicia.
• Cumprir 18 anos antes do 31 de maio de 2016, para acceder ás probas por libre para obter o título da ESO.

Os interesados poderán inscribirse oficialmente no rexistro municipal do Concello, entre os días 30 de setembro e as 14:00 horas do 8 de outubro de 2015, presentando o modelo de solicitude dispoñible no rexistro do concello xunto cunha fotocopia do DNI.

Ademais os interesados terán que acudir ás probas do proceso de selección que se celebrarán o 14 de outubro de 2015 no Edificio da Escola Obradoiro de Goián.

Os horarios das probas publicaranse na páxina web do Concello de Tomiño www.concellotomino.com e no taboleiro de anuncios municipal, o día 9 de outubro de 2015.

MODELO INSCRICION ESO