Aberto o prazo para o Programa Depotermal 2022 da Deputación de Pontevedra O prazo de presentación de solicitudes (preferiblemente por vía electrónica) remata o día 3 de maio

O Departamento de Benestar Social do Concello de Tomiño informa que xa está aberto prazo de solicitude do Programa Depotermal 2022, da Deputación de Pontevedra.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 3 de maio de 2022. As mesmas presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible en https://sede.depo.gal.

Opcionalmente poderán presentarse as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible a través da sede electrónica da Deputación de Pontevedra.

Poderán anotarse no programa aquelas persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que no padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade e que cumpran algún dos seguintes requisitos:

  • Nacer antes do 1 de xaneiro de 1972.
  • En caso de nacer o 1 de xaneiro de 1972 ou nunha data posterior, ter a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións, para o que deberán entregar unha fotocopia do certificado correspondente.
  • En caso de nacer o 1 de xaneiro de 1972 ou nunha data posterior, ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, o que acreditarán co cartón ou o certificado de recoñecemento do grao de discapacidade.
  • Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades con risco de contaxio.
  • Poder valerse de maneira autónoma para as actividades da vida diaria.
  • En caso de persoas con discapacidade, non ter recoñecida a necesidade de asistencia dunha terceira persoa.

As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

Réxime xeral:

  • Informe da traballadora ou traballador social dos servizos sociais comunitarios básicos para xustificar a condición de persoa beneficiaria do respiro familiar.

Réxime especial:

  • Informe da traballadora ou traballador social dos servizos sociais comunitarios básicos para xustificar a condición de persoa beneficiaria do respiro familiar.
  • Valoración social, nos termos establecidos nesta convocatoria, no caso das prazas reservadas subvencionadas.

Para máis información, pódese chamar ao Departamento de Benestar Social do Concello de Tomiño (teléfono 986623211), ou consultar as bases completas no seguinte enlace: https://sede.depo.gal/web/public/catalog-detail/49715637