Actividades infantís gratuítas de Arte e Patrimonio

formulario

ÉRASE UNHA VEZ… A ARTE: ARTISTAS DO MUNDO

Proxecto educativo que engloba unha serie de obradoiros relacionados co mundo da arte que teñen por obxectivo dar a coñecer a vida e obra de persoas artistas destacadas, como Picasso, Chagall, Kandinsky, Matisse ou Frida Kahlo, entre outras. A arte, ademais de ser unha parte importate da cultura e tradición, axuda a potenciar a imaxinación na infancia e as relacións interpersoais derivadas do traballo en grupo.

 

Na Aula Antonio Fernández (Goián). De balde.

wformulario02

SAÍDA FOTOGRÁFICA ANTONIO FERNÁNDEZ

Unha das facetas coñecidas de Antonio Fernández era a de fotógrafo e moitas das imaxes que tomaba eran utilizadas logo como base para o traballo no estudo, no que creaba e remataba a maior parte das súas pinturas. Os nenos e nenas experimentarán a forma de traballar do pintor, escollendo as cousas ou paisaxes que máis lle chamen a atención, percorrendo os mesmos lugares que Fernández.

 

Na Aula Antonio Fernández (Goián). De balde.

wformulario03

SAÍDA CADERNO DE ARTISTA ANTONIO FERNÁNDEZ

Unha das pezas máis singulares da Aula Museo Antonio Fernández é o caderno de debuxos de cando era neno, cadernos que sempre empregaría para, por exemplo, realizar bosquexos. Nesta saída os nenos e nenas deberán asistir con caderno e lapis para visitar algúns dos lugares favoritos do pintor e debuxar aquilo que debuxou no seu tempo e comprender mellor a súa forma de traballar.

 

Na Aula Antonio Fernández (Goián). De balde.

wformulario04

DESEÑANDO A NOSA

EXPOSICIÓN

Obradoiro dirixido a aqueles nenos e nenas que participaron nalgunha das saídas fotográfica e/ou caderno de campo. A finalidade é o deseño e montaxe dunha exposición cos traballos realizados, coñecendo de primeira man dun xeito ameno e divertido todo o proceso que segue ata a inauguración dunha exposición. A mostra estará aberta ao público do 25 ao 31 de agosto.

 

Na Aula Antonio Fernández (Goián). De balde.