ACUBAM e o Concello de Tomiño achegan aos máis cativos, ao sector do agro A actividade consiste na participación dos nenos e nenas de Educación Primaria, nun obradoiro práctico da Fundación Sales

acuBam, a Asociación de Cultivos do Baixo Miño, en colaboración co Concello de Tomiño, ven traballando pola dignificación, profesionalización e fortalecemento do sector agro na Comarca do Baixo Miño, dende hai xa máis de 15 anos. A asociación de Cultivos do Baixo Miño, a día de hoxe constitúese como unha Asociación forte e consolidada, aglutinando empresas punteiras de diferentes subsectores como a planta, a froita, a horta e a flor que representan toda a cadea de valor do sector agrícola.

Aliñado cós obxectivos e as liñas de acción recollidas no Plan Estratéxico sectorial elaborado en 2017, traballamos por poñer en valor o territorio do Baixo Miño e os seus recursos, achegando ás novas xeracións unha visión real e actualizada deste sector como unha verdadeira oportunidade de desenvolvemento profesional e de xeración de riqueza no entorno. Deste xeito contribuímos a paliar unha das principais debilidades actuais: o relevo  xeracional do agro no noso entorno.

Así pois, desde ACUBAM deséñase e ponse en marcha a Actividade “ O Agro nas Escolas”. O desenvolvemento da actividade consiste na participación dos nenos e nenas dos colexios de Educación Primaria do Concello de Tomiño, nun taller práctico na Fundación Sales  (http://www.fundacionsales.org/); fundación que traballa pola dignificación do sector agrícola e a súa posta en valor, a través, fundamentalmente, de accións de divulgación e sensibilización.

As accións serán desenvolvidas có apoio loxístico e económico de Concello de Tomiño, reforzando así o compromiso desta administración local có apoio ao desenvolvemento, posicionamento e fortalecemento do sector agrícola.

Na Fundación poderán desfrutar das súas instalacións, o seu xardín botánico e adquirir coñecementos técnicos sobre o sector e experimentar cun taller práctico sobre plantación.

As actividades terán lugar entre os días 29 de maio e 8 de xuño, con nenos e nenas de Educación Primaria, dos distintos centros educativos do municipio.

 

 

 

 

Este é o calendario de visitas:

Data Centro educativo curso (primaria) número de alumnado horario
29 maio CEIP Sobrada 1º e 2º 48 09h00-14h00
30 maio CEIP Barrantes e CEIP Tebra 2º (Tebra)// 2º e 3º (Barrantes) 19 (Tebra)// 23 (Barrantes) 09h00-14h00 (Tebra)/ 09h30-14h30 (Barrantes)
6 xuño CEP Pedro Caselles Beltrán distintos cursos 50 09h40-14h40
8 xuño CEIP Pintor Antonio Fernández 2º, 3º e 4º 51 09h05-14h05