Agrudebam (Asociación Deportiva Baixo Miño) estreará a nova pista de atletismo de Tomiño

Agrudebam (Asociación Deportiva Baixo Miño) estreará a nova pista de atletismo de Tomiño, que o Concello vén de construir con apoio da Deputación. As xornadas de atletismo terán lugar o 3 de marzo en A Macoca (Tui) para os centros e entidades participantes da zona de Tui, e o 10 de marzo as probas realizaranse na nova pista , xunto ao patio do CEP Pedro Caselles Beltrán, para os centros e entidades participantes da zona de Tomiño.

Nelas participarán os nenos e nenas que cursan 5º de Primaria. As probas son as seguintes: 60m Lisos, 500m Lisos, Lanzamento de Vórtex, Salto de Lonxitude, Lanzamento de peso de 2kg, Relevo 4×60 m. A continuación, tedes os documentos de inscrición para esta xornada.

Ficha inscrición I Xornada Atletismo en pista 5º Primaria