Aínda quedan prazas vacantes para o curso AFD de Instalación e Mantemento de Xardíns e Zonas Verdes, que organiza o Concello e que comezará probablemente o día 18 de xullo

O Concello de Tomiño conta con 2 prazas vacantes no Curso de Instalación e Mantemento de Xardíns e zonas verdes que se impartirá previsiblemente do 18 de xullo ata o 4 de novembro cun horario de 8.00 a 15.00 horas e de luns a venres.

Este curso, que consta de 508 horas, está orientado preferentemente para persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego.

Os requisitos mínimos de acceso ao curso son:

  • Estar en posesión do Graduado en ESO ou titulación equivalente ou competencias claves de nivel 2, etc.

Os interesados poden inscribirse mediante a presentación do modelo de solicitude na Oficina de Desenvolvemento Local do Concello de Tomiño, aportando unha fotocopia do DNI, e a titulación esixida antes do día 14 de xullo.