ÁLEX SIERPES, do Club de Atletismo de Tomiño, logra o Ouro Autonómico de 1km en ruta Con tan só 13 anos, o atleta bateu tamén o récord galego Sub16 acadando a meta en 2´45´´ a pesar da dureza do circuito

ÁLEX SIERPES PEREIRA do Club de Atletismo Trega de Tomiño, logrou esta fin de semana o Ouro Autonómico de 1km en ruta, en Lourenzá (Lugo)

Con tan só 13 anos, o atleta guardés superou tamén o récord desta proba galega na categoría Sub16, realizando unos fantásticos 2´45´´ a pesar da dureza do circuito, e destronando ao estradense de orixe marroquí El Medhi El Nabaqui, cos seus 2´51´´.

Dende o Concello fan chegar ao atleta do club tomiñés moitos parabéns polo seu esforzo constante.