ÁLEX SIERPES PEREIRA, ACUMULA OUTRA MARCA GALEGA NA súa PALMARÉS ATLETICO O atleta da Sociedade Atletica do Trega de Tomiño participou na proba de fondo de 2000 metros lisos na categoría alevín

Este fin de semana pasado, unha gran noticia chegábanos das pistas de atletismo de Balaídos, onde se celebrou unha xornada zonal clasificatoria de pista aire libre do programa XOGADE para poder acceder aos provinciais.

O atleta da Sociedade Atlética do Trega de Tomiño, participou na proba de fondo de 2000 metros lisos na categoría alevín masculino, parando o crono en 6’44”06, batendo a MARCA GALEGA da distancia, que el mesmo xa posuía desde a data 9/6/2018, cun tempo de 6’46”85.

Actualmente a día de hoxe Álex Sierpes segue nun estado de forma sensacional e segue liderando os rankings Galegos da súa categoría nas distancias de fondo, medio fondo e marcha nas seguintes probas con estas respectivas marcas:

2000 metros marcha (Alevín) 11?11??5

2000 metros lisos (Alevín) 6?44??06

1000 metros lisos (Alevín) 3?11??98

500 metros lisos (Alevín) 1?27??17

Desde aquí queremos felicitar a este formidable atleta polo seu novo éxito.

En breve, agárdana as últimas competicións máis importantes da tempada de pista ao aire libre a falta de disputar o Provincial e Galego.