Alexis Segadaes, dos Teixugos de Goián, medalla de ouro en Vizela (Portugal) na categoría K1 cadete A vindeira cita co slálom será na Copa Pireneos, onde se reúnen deportistas de todo o mundo

Esta fin de semana celebrouse na localidade portuguesa de Vizela o Campeonato Nacional de Slálom, correspondente a Liga Portuguesa de Slálom. Como xa é habitual, os clubs galegos tamén acudiron ao evento. Neste caso, en representación do Club Deportivo Miño Os Teixugos, só acudiu Alexis Segadaes, na categoría K1 cadete; acadando o sábado a 4ª posición nas clasificatorias, que lle deron acceso ás finais do domingo. Nestas, Alexis foi o mellor da súa categoría, facéndose coa medalla de ouro.

A vindeira cita co slálom será na Copa Pireneos, onde se reúnen deportistas de todo o mundo, e no que os Teixugos intentarán acadar praza nos selectivos nacionais sénior, sub-23 e júnior.

Información e foto: Rosa Fernández Carrera.