Alicia e os “Contos do recreo”, este domingo no auditorio de Goián Un espectáculo para toda a familia. Entradas: 3€ persoas adultas/2€ menores de 14 anos (venda en taquilla 1 hora antes)

Este domingo 3 de novembro, nova cita co teatro familiar. Alicia e os ‘Contos do recreo’, de Redrum Teatro, coa historia dunha nena que desfruta mofándose das súas compañeiras e que terá que enfrontarse a varias probas para chegar ao exame máis importante do curso. No Auditorio de Goián ás 17.00 horas.

Entradas: 3€ persoas adultas/2€ menores de 14 anos (venda en taquilla 1 hora antes).