Alumnado de 3º e 4º do CEIP Plurilingüe de Tebra visitou hoxe a Casa do Concello Máis tarde, acompañados polas concelleiras de Educación e Medio Ambiente,  visitaron tamén o Mercado Municipal, logo da súa completa remodelación

O alumnado de 3º e 4º do CEIP Plurilingüe de Tebra, visitou hoxe o Concello acompañado polas súas tutoras. Na Casa Consistorial foron recibidos por varios membros do goberno local, visitando o salón de plenos, a Alcaldía e demais dependencias.
Máis tarde, acompañados polas concelleiras de Educación e Medio Ambiente,  visitaron tamén o Mercado Municipal, logo da súa completa remodelación.
Para a maioría do alumnado era a súa primeira visita institucional ao Concello, e a actividade constituía parte da unidade sobre os órganos de goberno que están a estudar estas semanas. Agasallóuselles con libros e folletos relacionados con Tomiño.
Quedou pendente unha entrevista á alcaldesa que, por razóns de traballo, atopábase esta mañá fora do Concello.