Amplíase o prazo para participar coma emprendedor ou empresa no Proxecto “Up+un paso máis”

Impulsado dende o Concello de Tomiño, o programa contempla a posta en marcha de diferentes accións co fin de dinamizar, estimular e orientar a moitos cidadáns e empresas locais, a través de iniciativas eficaces de autoemprego, pondo en valor ao mesmo tempo, os coñecementos que teñen os empresarios e autónomos

A Oficina de Desenvolvemento Local amplía o prazo de inscrición no Proxecto “Up+un paso máis”, ata completar as prazas dispoñibles, tanto no caso de emprendedores, coma de empresas que queiran participar.

As persoas interesadas en participar no programa deben cubrir a ficha de inscrición correspondente, que se pode descargar no apartado de Emprego (convocatorias) da páxina web do Concello de Tomiño www.concellotomino.com, e remitila ao enderezo electrónico tle.tomino@eidolocal.es, ou ben entregala fisicamente no Concello (Oficina de Desenvolvemento Local. 986 622 001).