Anahí Álvarez Guerner, patinadora tomiñesa, participará na categoría “junior” no Campionato de España A proba celebrarase en Bilbao entre o 29 de maio e o 2 de xuño próximos

Anahí Álvarez Guerner, patinadora tomiñesa, participará na categoría “junior” no Campionato de España que se celebrara en Bilbao entre o 29 de maio e o 2 de xuño.

Anahì foi seleccionada como promesa na modalidade de patinaxe, no Concello de Vigo, e acadou numerosos títulos provinciais e rexionais nos últimos anos.

Dende a Concellería de Deportes, fan chegar a Anahí parabéns polo seu esforzo e dedicación e desexos de moita sorte no campionato.