Ante a gran demanda por parte das mulleres tomiñesas, o Concello organiza un segundo obradoiro de autodefensa feminista Será o vindeiro domingo, 2 de decembro, en horario de mañá e tarde. De balde, na Casa da Cultura

Tras o éxito alcanzado coa realización do OBRADOIRO DE AUTODEFENSA FEMINISTA do pasado sábado, ao que asistiron 35 mulleres, o Concello de Tomiño organiza unha segunda edición para as mulleres que quedaron en lista de agarda.
Será este domingo, 2 de decembro, de 10 a 13h, e de 16 a 19h, na CASA DE CULTURA DE TOMIÑO.
DE BALDE, a este segundo OBRADOIRO DE AUTODEFENSA FEMINISTA, poden anotarse mulleres a partir de 15 anos e sen límite de idade, enviando un correo electrónico a omix@tomino.gal cos seguintes datos: nome e apelidos, data de nacemento, DNI, número de teléfono e localidade de empadronamento.
Na foto: asistentes ao primeiro obradoiro, celebrado a pasada fin de semana.