Apertura da Aula-Museo Antonio Fernández durante o verán O espazo estará aberto ao público os venres 12 e 26 de xullo e 9 e 23 de agosto, de 11.00 a 14.00 horas.

A Aula Museo Antonio Fernández, situada en Goián, a carón da praza, estará aberta ao público durante o verán.

O espazo, no que se propón un percorrido pola vida e obra do pintor Antonio Fernández, a través de obxectos, documentos e fotografías do artista, estará aberto de 11.00 a 14.00 horas, os venres 12 e 26 de xullo e 9 e 23 de agosto, con entrada de balde.

A exposición xira en torno ás diferentes facetas de Antonio Fernández; persoal, artística, arqueolóxica, fotográfica, filantrópica e xornalística, e nos permite afondar na vida e personalidade deste grande artista.



X