Apertura e renovación das axudas ao alugamento de vivendas Plan Estatal de Vivenda 2018-2021

Recentemente vén de ser publicada a convocatoria de axudas para o alugamento de vivenda, encadradas no Plan Estatal de Vivenda 2018-2021. A súa finalidade é facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante a concesión de axudas directas ás persoas inquilinas.

A lista de requerimentos para poder optar a esta liña de axudas e a documentación necesaria que se deberá achegar coa solicitude poden ser consultadas no seguinte documento:

Axudas ao alugamento de vivendas do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021

O prazo de presentación das solicitudes remata o 30 de abril de 2021. O documento de solicitude e bases están dispoñibles nas oficinas de Benestar Social. Para máis información é posible contactar co Departamento de Benestar Social a través do número 986 62 32 11 ou do correo electrónico benestar@tomino.gal.