Arranca o programa transfronteirizo Desporto para Tod@s, promovido por Tomiño e Cerveira As persoas interesadas poden efectuar a inscrición online a través do participacerveiratomino.eu

Coa entrada do mes de setembro, a Amizade Cerveira-Tomiño deu inicio ás actividades do Programa Desporto para Tod@s 2018/2019. A primeira acción da “Piscina en Familia” (ofrece sesións de natación e iniciación no medio acuático para nenos de 3 a 10 anos, acompañadas de familiares) celebrouse o sábado pasado, e as sesións para “Maiores de 55 anos” comezaron este martes. Aínda así, as inscricións mantéñense abertas até completar as prazas dispoñibles. que. Estas actividades lévanse a cabo na Piscina Municipal de Vila Nova de Cerveira e celebraranse todos os primeiros sábados de cada mes ás 18h00 (PT), con excepción dos meses de decembro e agosto.

No caso do programa Actividades Deportivas (clases de pilates, gimnasia, zumba, fitness, etc.) para maiores de 55 anos, o primeiro adestramento aconteceu este martes ás 09h00 (PT) no Pavillón Municipal de Deporte de Vila Nova de Cerveira, sendo replicado o xoves ás 10h00 (GAL) en Tomiño, manténdose así semanalmente.

As persoas interesadas poden efectuar a inscrición online a través do participacerveiratomino.eu, descargando o formulario específico nas páxinas web de ambos os municipios, ou do proxecto Amizade Cerveira-Tomiño (amizade-cerveira-tomino.eu).

Asemade é posible anotarse nas Xuntas de Freguesía ou na Piscina Municipal.

O programa “Desporto para Todos” integra o proxecto COOP-ACT – Axenda Estratéxica de Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, proxecto cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través INTERREG V-A POCTEP 2014-2020.

Creado en 2016, co obxectivo de promover un plan de actividade deportiva saudable en torno á convivencia, benestar psicolóxico e físico, e intercambio cultural entre as dúas comunidades veciñas de Vila Nova de Cerveira e Tomiño, o Programa Desporto para Tod@s 2018/2019, ten alcanzado unha excelente adhesión por parte da poboación.

Neste sentido, para 2018/2019, os dous gobernos volverán a presentar un programa gratuíto de actividades deportivas.