As charlas sobre a violencia de xénero organizadas polo Concello dirixiranse a partir do luns ao profesorado de Infantil e Primaria A actividade, organizada polo Concello a través da Oficina Municipal de Igualdade, impartirase durante tres días en diferentes centros educativos

O vindeiro luns, 27 de maio, retomaranse as charlas sobre violencia de xénero organizadas polo Concello a través da Oficina Municipal de Igualdade. Esta vez a actividade irá dirixida ao profesorado de Educación Infantil e Primaria, despois de que se impartiran xa para docentes de Secundaria e pais e nais de adolescentes.

Nestas charlas, profesionais expertos aconsellan sobre temas coma a educación en valores de igualdade e respecto, ciberviolencia, violencia sexual e as novas tecnoloxías; prevención da violencia sexual dixital, etc. dando aos docentes as ferramentas pedagóxicas para saber actuar ante o problema.

Esta actividade, que arrancou no mes de abril, forma parte das que se están organizando dende o Concello dirixidas á comunidade educativa e con cargo aos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.