As escolas infantís de Tomiño abren o prazo de matrícula As solicitudes presentaranse nas propias escolas, con cita previa

As escolas infantís A Galiña Azul de Tomiño (O Seixo e Goián) xa teñen aberto o proceso de inscrición do alumnado para o curso 2020/21. O prazo de presentación de solicitudes rematará o venres 29 de maio, como recolle a Resolución do 27 de abril pola que se convoca este procedemento para as escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

As solicitudes presentaranse nas propias escolas, con cita previa. No caso da escola do Seixo, a cita pode pedirse chamando aos teléfonos 986 622 887 ou 638 299 581, en horario de .8.00 a 15.00 horas. Tamén é posible solicitar a cita a través do correo electrónico escolainfantil.tomino@igualdadebenestar.org.

En Goián, chamar aos números de teléfono 986 620 385 ou 617 337 288 (de 08.00 a 15.00h), ou escribir a escolainfantil.tomino.goian@igualdadebenestar.org.

A documentación necesaria para a inscrición é o Libro de Familia e o volante de empadronamento. Este pode solicitarse no Concello de Tomiño (Sede electrónica tomino.gal, por teléfono 986 622 001, ou ben, enviando un correo electrónico aoenderezo beatriz.miranda@tomino.gal).

O impreso de matrícula pode recollerse nas propias escolas infantís ou baixalo de internet en sede.xunta.gal.

Asemade, toda a información relativa ao proceso, así como os formularios normalizados do procedemento, poderán consultarse e descargarse na páxina web da rede de escolas infantís de Galicia A Galiña Azul.

Outro enlace de interese para ampliar a información é a Resolución da Xerencia do Consorcio pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 para o curso 2020/21 (DOG nº 94 do 15/05/2020).