As mulleres tomiñesas con cita no Meixoeiro para a detección precoz do cancro de mama terán transporte de balde O autobús fará paradas en Goián, Tomiño e Currás

O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama, en colaboración coa AECC, levará a cabo unha campaña en Tomiño entre os días 21 de abril e 21 de maio consistente na realización de mamografías gratuitas a todas as mulleres con idades comprendidas entre os 50 e os 69 anos.

Co fin de facilitar o traslado ata a Unidade de Exploración Mamográfica situada no Hospital do Meixoeiro (Entrada posterior, no edificio de Consultas Externas, andar -1), o programa pon a disposición de todas as mulleres tomiñesas un medio de transporte de balde, que inclúe as viaxes de ida e volta.

Os horarios nos que estará dispoñible este servizo son os seguintes:

  • En Goián (diante do campo de fútbol): Paradas ás 8:00 e ás 11:30 horas
  • En Tomiño (no aparcadoiro de Servizos Sociais – Antigo Centro de Saúde): Paradas ás 8:10 e 11:40 horas
  • En Currás (diante do campo de fútbol): Paradas ás 8:20 e 11:50

 

Mediante carta, comunicaráselle as persoas convocadas o día, hora e lugar ao que teñen que acudir. Todas as mulleres con idades comprendidas entre os 50 e os 69 abis que non recibisen carta poden chamar ao 981 141 414 para concertar unha cita.