As persoas que traballan coma auxiliares de axuda no fogar en Tomiño, se forman coma asistentes de pacientes con Alzheimer Vinte das 36 auxiliares en activo na actualidade asisten a un curso de especialización de 100 horas impartido por unha psicóloga

O Concello de Tomiño organiza en colaboración coa empresa Idades S.L., adxudicataria do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), un curso de especialización, no que terán cabida 20 dos 36 auxiliares que traballan na actualidade.

Trátase do curso “Atención socio-sanitaria a persoas con Alzheimer ou outra demencia”, de 100 horas de duración (40 teóricas e 60 prácticas) impartido pola psicóloga Marta Sueiro.

A acción formativa terá lugar no edificio da Escola Obradoiro de Goián entre o 15 de abril e o 10 de maio, estando prevista a inauguración das clases ás 16.00 horas do vindeiro luns.

A concelleira de Benestar Social, Cristina Martínez, afirma que o Concello seguirá apostando pola formación continua da plantilla de auxiliares a domicilio, de forma de profesionalizar a prestación do servizo, cunha atención especializada de calidade.