As TOMIÑESAS PAULA ROCHA E PAULA LAGO, MEDALLA de plata NO CAMPiONATO PROVINCIAL escolar DE PONTEVEDRA Alex Sierpres, do club atletismo trega de Tomiño, consagrouse campión de pista ao aire libre no Campionato Galego Sub10 e Sub12, celebrado esta fin de semana

O sábado 1 de maio, seis atletas da Escola de Atletismo TREGA de Tomiño, desprazáronse a Lugo para disputar o XIII CAMPEONATO DE GALIZA Sub10 e Sub12.

O estadio Gregorio Pérez (Lugo) acolleu esta fin de semana a máis de 800 atletas federados de toda a comunidade autónoma. Asistiron seis atletas do do Club Atletismo Trega de Tomiño, 3 da categoria Sub10 e 3 da Sub12: Aarón Dacuña, Amanda Martínez, Paula Rocha, Paula Lago e Álex Sierpes, proclamándose este último CAMPIÓN GALEGO de pista ao aire libre 2019, sub12 de 2000 metros lisos.
Por outra parte, no domingo 2 de maio, celebrouse en Pontevedra, o Campeonato Provincial Escolar da categoria Sub12 e combinadas Sub14 paralelamente.

A tomiñesa PAULA LAGO disputou o final dos 500m lisos onde foi uma carreira muito rápida de princípio a fim, fazendo marca persoal e proclamándose SUBCAMPiONA PROVINCIAL 2019. E na final dos 2000m PAULA ROCHA que desde a saída foi também moi valente, proclamouse subcampiona PROVINCIAL 2019.

Por último, ÁLEX SIERPES conseguiu un bronce en 60 metros lisos e un OURO en 1000 metros lisos, proclamándose así CAMPIÓN PROVINCIAL 2019, e facendo un triplete este fim de semana, conseguindo un Ouro Galego, Ouro Provincial e Bronce Provincial, con lo que suma 18 títulos de campión Galego autonómico, 26 medalLas galegas, sendo esta a máxima competición para a súa categoría.
Parabéns a tod@s estes prequenos-grandes atletas e também aos seus adestradores.