A Asociación Asistencial SOS Tomiño-Baixo Miño entrega máis de 18 toneladas de alimento no mes de maio Pódese facer chegar calquera tipo de axuda contactando por teléfono ou a través da web www.sostomino.org

Máis de 18.000 quilos de alimentos entregados no mes de maio.

A Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño fai un balance do mes de maio de 2020, no que fai constar:

a) as familias atendidas nos concellos de Tui, Tomiño, O Rosal e Oia

b) a cantidade de alimentos entregados.

Atendéronse 522 persoas, organizadas en 168 unidades familiares.

Entregouse un total de 18.124 quilos de alimentos. A distribución é a seguinte:

· 3.598 entregáronse en Tomiño,

· 11.356 en Tui,

· 1.227 no Rosal

· 1.943 en Oia.

NECESITAS AXUDA?

Seguindo o protocolo derivado do Estado de Alarma, as oficinas de atención ao público permanecen pechadas

Estamos a atender ás familias que necesitan axuda

· a través do correo electrónico sostomino@hotmail.es

· por WhatsApp ou teléfono (629 258 069 ou 655 607 935).

Toda a información que se poida necesitar, pódese atopar na páxina web www.sostomino.org

QUERES AXUDAR?

Pódese facer chegar calquera tipo de axuda contactando cos teléfonos anteriores ou a través da web www.sostomino.org