Asociacións e entidades galegas e portuguesas reuníronse hoxe en Tomiño para definir os criterios de actuación da Eurocidade Cerveira Tomiño Tamén abórdanse os retos futuros relacionados coas telecomunicacións; os servizos dixitais ou a planificación conxunta de equipamentos e servizos.

Hoxe temos unha nova reunión, desta vez en Tomiño, de asociacións e entidades galegas e portuguesas para definir os criterios de actuación conxunta da Eurocidade Cerveira Tomiño no horizonte da Axenda 2030. A xornada foi inaugurada polos alcaldes de Vila Nova de Cerveira (Rui Teixeira) e Tomiño (Sandra González), quen deron a benvida a todas as persoas participantes.
Hoxe fálase de mobilidade, transición dixital e servizos compartidos, abordando temas como os corredores verdes e as travesías peonís; o bikesharing; a mobilidade eléctrica ou o ferrocarril. Tamén se pensa nos retos futuros relacionados coas telecomunicacións; os servizos dixitais ou a planificación conxunta de equipamentos e servizos.
A Eurocidade Cerveira-Tomiño pretende así ampliar as súas liñas de actuación, actualizando a Axenda Estratéxica Amizade Cerveira Tomiño (2015), en base ás políticas urbanas da Unión Europea e aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel (ODS) das Nacións Unidas.
A reunión é continuidade das celebradas o día 1 de xuño: https://tomino.gal/tomino-e-cerveira-renovan-a-sua…