
12 Nov Até o 23 de novembro poderase optar a dous postos vacantes no mercado municipal de Goián O Concello saca a licitación un posto para a venda de froitas e verduras e outro para comercio de produtos alimentarios ou non alimentarios
O Concello de Tomiño saca a licitación dous postos vacantes do Mercado de Goián. Un deles é para a venda de froitas e verduras e o outro para comercio de produtos alimentarios ou non alimentarios en xeral.
As bases que rexen a licitación dos postos, e nas que se inclúe a documentación que deben presentar as persoas interesadas en facerse cun deles, pódense consultar e descargar pinchando na icona “Perfil do Concello” do seguinte enderezo electrónico:
https://tomino.gal/perfil-do-contratante/
O prazo para presentar ofertas remata o 23 de novembro de 2018.
O Mercado de Goián, conta ademais con outros dous postos (un de carnicería e outro de venda de peixe), xa en proceso de adxudicación, e que estarán abertos a finais de ano.