
22 Ago “Áureas” chega a Tomiño este venres ás 22h30 A actuación está incluída na programación “O Son da Praza”
Este fin de semana a Praza do Seixo acollerá as actuacións de “Áureas” dentro da programación “O Son da Praza”.
Trátase dun conxunto internacional dos anos 20 no que ventos, cordas, voces e batería interpretan os ritmos bailables de moda a comezos do século pasado.