18 Aug Goián celebra máis dun século de Entroido coa estrea do documental «Entruido. 100 anos de troula» O Concello de Tomiño presenta este sábado 22 de agosto, ás 21:30h na Praza Pintor Antonio Fernández, unha produción audiovisual de Suso Pando que recupera a historia dunha das tradicións máis singulares do Baixo Miño e rende homenaxe ás persoas que a mantiveron viva durante xeracións.
Tomiño, 18 de agosto de 2026.- O Concello de Tomiño conmemora este sábado 22 de agosto máis de cen anos do Entroido de Goián cunha xornada especial que reunirá veciñanza e visitantes arredor dunha das tradicións máis arraigadas da parroquia. A celebración comezará ás 13:00...