Máis campañas de concienciación sobre o cambio climático e obradoiros de formación en temas de reciclaxe, redución de plásticos, outros usos do monte, especies autóctonas, eliminación de plantas invasoras ou  hortas ecolóxicas, foron só algunhas das demandas e propostas realizadas polos máis de cen estudantes...

A alcaldesa de Tomiño visitou hoxe Coplant, empresa comercializadora de planta ornamental localizada en Goián, xunto ao delegado territorial da Xunta, Luis López, para coñecer unha ferramenta TIC de predicción de stocks creada con axuda autonómica.  Os mandatarios visitaron tamén o centro loxístico da empresa...

O Concello de Tomiño pide a colaboración da cidadanía para a confección do Plan Municipal de Emerxencia e Xestión do Risco de Seca que está levando a cabo co apoio económico de Augas de Galicia, co obxectivo de establecer as accións a desenvolver en caso...

Esta semana celébrase a XI Semana coa Infancia, dende este luns e ata o domingo 21 de novembro. Con ese fin Tomiño asistíu este martes ao IX Foro de Participación Infantil Parlamento de Galicia- UNICEF. Javier Lluch (12 anos) e Laura Teixeira (11 anos), do...

CONVOCATORIA PARA O PLENO DO CONSELLO MUNICIPAL DA INFANCIA E ADOLESCENCIA DO CONCELLO DE TOMIÑO O Consello Municipal da Infancia e a Adolescencia celebrará o vindeiro venres, 19 de novembro, unha sesión extraordinaria de pleno que terá lugar no auditorio municipal de Goián, ás 11.00 h....

Dous integrantes do Consello da Infancia e Adolescencia "Voces Novas" de Tomiño, representáronos hoxe no IX Foro de Participación Infantil Parlamento de Galicia- UNICEF. Javier Lluch (12 anos) e Laura Teixeira (11 anos) asistiron acompañados pola concelleira de Mocidade e Participación Infantil (Fátima Rodríguez) e...

Representantes do Concello de Tomiño, do Space Ensemble e da Escola de Música de Goián participaron o sábado na presentación de resultados do proxecto: PlaytoGrow! Adquisición de Valores e Habilidades a través da Música, compartido polo Concello de e Tomiño con outros catro socios europeos...

A familia do fotógrafo tudense Juan Vila Botanes, xa falecido, vén de facer unha importante achega de máis de 1200 imaxes en papel relacionadas con Tomiño. O préstamo das fotografías, que lle serán devoltas unha vez se copien en formato dixital, pasarán a formar parte...

Construción de instrumentos con materiais reciclados, organización de campamentos musicais, concertos didácticos, obradoiros de improvisación musical, intercambios de instrumentos, espazos coworking, residencias para bandas de rock, unidades didácticas e un longo etcétera. Son algúns dos proxectos que se presentarán este sábado, 13 de novembro, no Auditorio...

Unha unidade móbil de inspección técnica desprazarase a Tomiño para realizar inspeccións técnicas periódicas de VEHÍCULOS AGRÍCOLAS (vehículos sen carga), OS DÍAS 1, 9 e 10 de decembro de 2021. O lugar no que se establecerá será a explanada da comisaría da Policía Local. O horario de...