Feira do libro, obradoiros infantís e música tradicional na Praza do Seixo forman parte dos actos complementarios previstos para o sábado 17 A Concellería de Cultura do Concello de Tomiño adica o Día das Letras 2014 á tradición popular do municipio. Con este fin, o sábado 17 de maio, na Praza do Seixo, alumnado dos centros educativos e membros de asociacións de ámbito local, acompañados de música tradicional e de regueifas, celebrarán o Recital oral de tradición popular.

O lugar, acondicionado polo Concello coa colaboración da asociación veciñal, servirá tamén coma espazo de ocio e esparcemento, e está enmarcado dentro do plan de humanización impulsado polo goberno local O Concello de Tomiño, en colaboración coa Asociación Virxe Milagrosa, de Hospital, vén de acondicionar un...

X