Aviso importante! Por mor do festivo do mércores, 
o mercado semanal celebrarase o martes 30 de abril Como é habitual en día de mercado, quedará prohibido o estacionamento e a circulación na rúa da Guarda de 08.00 a 14.00 h

A vindeira semana o tradicional mercado semanal do centro de Tomiño mudará de día para non coincidir con festivo do mércores 1 de maio, Día Internacional dos Traballadores. Deste xeito, o mercadillo trasladarase ao martes 30 de abril e manterá o funcionamento que vén tendo habitualmente.

E ollo! Con motivo deste cambio e da celebración do mercado un día antes, o martes 30 quedará prohibido o estacionamento e a circulación na rúa A Guarda de 08.00 a 14.00 horas.