Baobab Teatro trae “Baila, Roque, baila”, este domingo ao Mercado Municipal Un espectáculo de teatro e contos dinámico e divertido, con participación do público. Comezará ás cinco da tarde

A compañía Baobab Teatro volta a Tomiño este domingo (27/10), con “Baila, Roque, baila”, un espectáculo de e teatro e contos dinámico e divertido con participación do público, infantil e familiar. A actuación comezará ás 17.00h no 1º andar do Mercado Municipal.

Con dirección de manipulación de Óscar Ferreira, a actriz Andrea Bayer, axudará a Roque, un simpático personaxe, a bailar e rirse nun viaxe que dura 45 minutos. Espectáculo recomendado para nenos e nenas a partir dun ano.