BASES CABALGATA DE REIS 2020 O desfile será o día 5 de xaneiro. A saída será ás 16.30 horas dende O Alivio, e seguirá o percorrido habitual. En caso de choiva, poderá suspenderse ou trasladarse para o día seguinte á mesma hora, a criterio da Concellaría

O obxectivo destas bases é regular a participación das entidades/asociacións sen ánimo de lucro rexistradas no Concello, a través de carrozas na Cabalgata de Reis que organiza o Concello de Tomiño.

O desfile será o día 5 de Xaneiro. A saída será ás 16:30 horas dende O Alivio polo percorrido habitual. En caso de choiva, poderá suspenderse ou trasladarse para o día seguinte á mesma hora, a criterio da Concellaría.

 

1º Incrición e documentación a achegar.

Para solicitar a participación deberán presentar na sede electrónica do Concello o formulario habilitado para tal fin entre os días 25 e o 29 de novembro de 2019.

A documentación requerida para a inscrición é a seguinte:

  • Impreso de solicitude, acompañada dunha descrición do deseño da carroza (requisito indispensable).
  • Certificado de titularidade da conta da entidade.
  • Póliza do Seguro de Responsabilidade Civil.
  • Xustificante de pago do Seguro de Responsabilidade Civil.

2º Requisitos de participación

As solicitudes serán segundo o modelo establecido pola Concellaría, debendo aportar obrigatoriamente un seguro de responsabilidade civil.

O tema da carroza poderá facer referencia a algún ou varios dos seguintes temas: reis magos, carteiros reais e paxes.

Soamente se admitirá un máximo de 4 carrozas das presentadas por asociacións rexistradas neste Concello. Entre as inscricións seleccionarase as propostas gañadoras.

 

3º Criterios de avaliación

Para poder participar na cabalgata terán en conta os seguintes criterios que serán avaliados pola Comisión Técnica de Cultura:

  • Terán preferencia as entidades do Concello de Tomiño.
  • O deseño e proxecto da carroza participante.

 

4º Compensación económica

Cada proposta co seu correspondente deseño, que sexa admitida, terá dereito á compensación económica, por un importe de 600€. No caso de que se suspenda a Cabalgata a compensación económica quedará reducida a 200,00€  para cada unha das inscricións admitidas.

O pago das compensacións económicas realizarase mediante transferencia bancaria, previa presentación electrónica da factura  (presentando certificación, se é o caso, da exención do IVE). O prazo da presentación da factura será de 1 mes dende a celebración do acto.

O feito da presentación da documentación esixida nesta Convocatoria implica a aceptación, na súa totalidade, das presentes Bases. As cuestións de dúbida, interpretación ou imprevisto que xurdan no desenvolvemento deste desfile serán resoltas pola Concellaría de Cultura do Concello de Tomiño.

Modelo de instancia:

INSTANCIA CABALGATA REIS 2020