Bases reguladoras para a adxudicación, mediante sorteo público, de autorizacións para instalar novos postos de venda ambulante Consultar aquí os modelos de solicitude do posto, declaración de responsabilidade, autorización para un representante e plano

O Concello de Tomiño vén de publicar nesta páxina web as Bases para regular o procedemento de adxudicación, mediante sorteo público, da autorización municipal necesaria para a ocupación do dominio público con destino á instalación de cinco 5 postos de venda ambulante desmontables, no Mercado Ambulante de Tomiño.
As autorizacións administrativas para a instalación de postos de venda ambulante concederanse exclusivamente no mercado municipal periódico, recoñecido no artigo 8 da Ordenanza, que se celebra todos os mércores de cada mes en Seixo-Tomiño.

Nos seguintes enlaces poden consultarse o texto completo das bases reguladoras, os modelos de solicitude para o posto, o modelo de declaración de responsabilidade de cumplir cos requisitos, a autorización para un representante no procedemento e no sorteo, e o plano do mercadiño dos mércores no Seixo.

20200217_Publicación das BASES de adxudicacion postos vacantes venda ambulante seixo-tomiño 2020

20200217_AUTORIZACION REPRESENTACION PROCEDEMENTO

20200217_DECLAR RESPONSABILIDADE REQUISITOS

20200217_SOLICITUDE AUTORIZACION POSTO MERCADIÑO

20200217_PLANO MERCADIÑO SEIXO