BO INICIO DE TEMPADA PARA A SOCIEDADE ATLÉTICA TREGA (TOMIÑO) CUN OURO PARA ÁLEX SIERPES PEREIRA E UNHA PRATA PARA MILU RODRÍGUEZ BAZ EN EL XXX CAMPEONATO GALLEGO DE MARCHA EN PISTA DE INVIERNO, CELEBRADO EN EL ESTADIO "RÍO SECO" DE NARÓN

Nas pistas de atletismo do Estadio Municipal de Río Seco, de Narón (A Coruña), disputouse o sábado 24 de novembro, o XXX Campionato Galego de Marcha en pista de inverno.

A xornada presentouse con choiva persistente pero non impediu que os marchadores e marchadoras fosen a por todas. Na categoría Sub12 masculina, ÁLEX SIERPES quedou Campión Galego, cun tempo de 11’11”5 en 2Km.

Tamén a súa compañeira MILU RODRÍGUEZ quedaría Subcampioa Galega na categoría Master Feminina, cun crono 29’39”70 en 5Km.

Ademais, ese mesmo día recollería o trofeo do circuíto, da tempada 2017/2018, Josefina Romeu.

A directiva do club e tamén a Concellería de Deportes fan chegar os seus parabéns aos atletas participantes, desexándolles moitos éxitos e bo traballo na tempada que se inicia.