CADERNO 4 DE ACTIVIDADES DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA PARA REFORZAR A MEMORIA Máis de 20 usuari@s do programa municipal de maiores reciben puntualmente o caderniño no seu domicilio

Xa está repartido o 4º caderno de actividades de estimulación cognitiva editado pola Asociación de Párkinson Baixo Miño. Voluntari@s de Protección Civil de Tomiño colaboran no reparto destes cadernos, entregándoos en máis de 20 domicilios dos usuari@s do programa municipal de maiores.
Os familiares xogan un papel fundamental na realización das actividades, pois son os que axudan ás persoas maiores a completar os exercizos, coma no caso de Mercedes Cardoso Besada (80 anos) da parroquia de Barrantes, a quen axuda nas tarefas a súa neta Zaira Treinta Das Dores, de tan só 7 anos.
https://www.facebook.com/concellodetomino/videos/618268452367767/?t=73
Mercedes leva 2 anos na escola de maiores (dentro do programa Reactívate). Gústanlle moito as manualidades, pero aínda máis, relacionarse ca xente, e falar cos docentes.
CADERNO 4 DE ACTIVIDADES DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA PARA REFORZAR A MEMORIA