DALLE UNHA NOVA VIDA AOS TEUS LIBROS!

Doazon-Icon01

Doa aqueles exemplares que xa non precisas e colabora na creación do fondo da nova biblioteca de Tomiño!

Esta é a túa oportunidade para darlles unha segunda vida e que os teus libros sigan inspirando novas lecturas.

CADA LIBRO CONTA!

Doazon-Icon02

O obxectivo é crear un fondo bibliográfico diverso e actual para que a nova biblioteca sexa un lugar de encontro para toda a veciñanza. Todos os libros poden ser útiles: novelas, ensaios, contos infantís, libros de arte…

CÓMO SE SELECCIONAN OS LIBROS?

Doazon-Icon03

O persoal técnico especializado revisará os libros doados para escoller aqueles que mellor encaixen coas necesidades e intereses da nova biblioteca de Tomiño.

Valoraranse varios aspectos:

Temática: Preferimos libros variados e de interese xeral.

Ano de publicación: A bibliografía actualizada é clave para unha biblioteca moderna.

Interese: Os libros que mellor encaixen cos gustos da nosa comunidade.

DÁMOSLLE UN NOVO DESTINO AOS TEUS LIBROS

Doazon-Icon04

Os libros que non se inclúan no fondo da biblioteca serán destinados a outros usos de maneira sostible e solidaria:

Doacións a bibliotecas de centros escolares

Cesións a asociacións e/ou centros veciñais

Reutilización para proxectos artísticos e outros usos creativos

Outros usos

REBIBLAR É SINXELO

Queremos facer este proceso o máis cómodo posible para ti.
Escolle entre as dúas opcións de entrega:

Doazon-Icon05

Recollida a domicilio con cita previa: Enche o formulario web e organizamos a recollida dos teus libros. Se non podes cubrir o formulario, chama ao 986 622 001

Doazon-Icon06

Depósito directo no Concello: Trae os teus libros ao noso punto de recollida no Concello de Tomiño.

AXÚDANOS A CONSTRUÍR UNHA BIBLIOTECA SOSTIBLE PARA TOMIÑO

Doazon-Icon07

Contribúe a un proxecto de todos e para todos. Xuntos, podemos crear unha biblioteca rica en contidos, diversa e accesible para todas as idades e intereses.

Participa na campaña de doazón e fai historia na nosa biblioteca!

Dado o alto número de solicitudes de doazón recibidas vémonos na obriga de pechar o formulario. Habilitamos un novo formulario de lista de agarda para que, no caso de reanudar as recollidas poidamos contactar por orde de entrada da solicitude. Moitas grazas.

 

PREGUNTAS FRECUENTES

1. Poderei elixir o día e a hora para que veñan recoller os libros?

Si. O equipo de recollida contactará con vostede e preguntaralle que día e hora lle veñen mellor para establecer unha cita.

2. Teño que meter os libros en caixas?

Se dispón de caixas e pode colocar os libros nelas, moito mellor. Se non ten, o equipo de recollida levará caixas e cinta de embalar para recollelos.

3. Se me arrepinto de doar algún libro, poderei recuperalo?

Non, a cesión de libros é irreversible. Valore ben que libros quere ceder, xa que non será posible recuperar aqueles xa doados.

4. Recibirei algo a cambio da miña doazón?

Non, a doazón de libros ao Concello é voluntaria e gratuíta. Durante o proceso terá que asinar un contrato de cesión, do que se lle entregará unha copia.

5. Garántese que os libros que cedo formarán parte do fondo bibliográco nova biblioteca de Tomiño?

Non. Un equipo técnico avaliará cada título cedido e seleccionará aqueles que sexan máis axeitados para a biblioteca. Os libros descartados destinaranse a outros usos (bibliotecas de centros escolares, cesión a asociacións, usos artísticos, etc.).

6. Podemos levar os libros ao Concello?

Si, pero recomendamos a cita previa para recollida a domicilio. Este servizo é gratuíto e máis cómodo, así evitará ter que cargar con caixas.

7. Hai un número máximo ou mínimo de libros para ceder?

Non, recibimos calquera número de libros, sen límite mínimo nin máximo.

8. Teño libros noutros idiomas, podo doalos?

Si, aceptamos libros en calquera idioma.

9. Canto tempo tardarán en contactar comigo despois de cubrir o formulario?

En principio, prevese que o equipo de Rebiblar contacte con vostede nun prazo máximo dunha semana.

10. Os libros que queremos ceder son de varias persoas da familia. Quen debe asinar o contrato?

É suciente con que unha persoa, a modo de representante familiar, asine o contrato de cesión. É imprescindible que todas as persoas propietarias dos libros estean de acordo coa cesión. Así se entenderá no momento da sinatura do contrato e nin o Concello nin a empresa xestora do servizo serán responsables de reclamacións posteriores.

11. Que tipo de libros se aceptan?

Aceptamos libros de todo tipo: novelas, ensaios, poesía, libros infantís, etc. Non obstante, pedimos que estean en no mellor estado posible (sen páxinas rotas, manchas graves…).

12. Podo doar libros antigos ou enciclopedias?

Si, pero o equipo técnico avaliará se son útiles para a biblioteca ou para outros proxectos. Algúns libros antigos ou enciclopedias poden non ser axeitados, pero buscarémoslles un uso alternativo.

13. Podo doar revistas, cómics ou manuais técnicos?

Si, tamén se aceptan revistas, cómics ou manuais, sempre que estean no mellor estado posible. Como con calquera exemplar, o equipo técnico avaliará se son útiles para a biblioteca ou se se destinarán a outros fins.

14. Son de fóra de Tomiño pero quero doar libros, pode ser?

Si, aínda que dependendo da ubicación a recollida a domicilio pode non estar dispoñible. Para consultalo contacte por favor con asistencia.comunicacion@tomino.gal.

15. Que fago se quero doar libros, pero non podo cubrir o formulario?

Se quere solicitar a recollida a domicilio e ten dificultades para cubrir o formulario, pode contactar directamente co Concello para que lle axuden no proceso, onde unha persoa solicitaralle os datos necesarios para encher o fomulario no seu nome. Outra solución alternativa é entregar os exemplares directamente no Concello.

16. Que ocorre cos libros que non son aceptados?

Os libros que non poidan ser incluídos na biblioteca serán destinados a outros usos, como proxectos escolares, asociacións culturais, proxectos artísticos ou reciclaxe responsable.

17. Podo doar libros con dedicatorias ou anotacións?

Si, pero recomendamos que non sexan dedicatorias persoais ou contidos sensibles. O equipo técnico decidirá se son axeitados para a súa reutilización.

18. É posible facer doazóns anónimas?

Non, todas as doazóns deben estar vinculadas a unha persoa que asine o contrato de cesión para garantir a trazabilidade.

19. Que pasa se ninguén está en casa cando veñan recoller os libros?

O equipo de recollida acordará día e hora co ou coa doante para garantir que no momento da recollida haberá unha persoa no domicilio acordado para levar a cabo os trámites de doazón.

20. Podo solicitar unha certificación da miña doazón?

Non está previsto emitir certificacións de doazón, pero recibirá unha copia do contrato de cesión como constancia.

21. Pódese cancelar a recollida despois de solicitala?

Si, pero agradecemos que nos avise canto antes para poder reaxustar a planificación.

22. Recóllense libros en malas condicións ou danados?

Si, xa que hai libros deteriorados ou en malas condicións que poden ter moito valor para o fondo bibliográfico ou outras iniciativas. Independentemente do seu estado, o único requisito indispensable é que o libro estea completo, incluídas a portada e a contraportada, e que non lle falten páxinas.

23. Que beneficio ten participar en Rebiblar?

A súa doazón contribúe a ampliar o acceso á cultura dun xeito participativo e sostible, dándolle unha nova vida aos libros, reducindo residuos e fomentando unha sociedade máis sustentable.