Canceladas as 3ª Xornadas Micolóxicas Mercado de Tomiño, programadas para os días 9, 10 e 11 de novembro Os organizadores, que contan co apoio do Concello de Tomiño, trasladan a actividade aos días 30 de novembro e 1 e 2 de decembro

Por mor do mal tempo, cancélase as terceiras xornadas micolóxicas organizadas pola Asociación de Praceiros de Tomiño, inicialmente previstas para a fin de semana do 9, 10 e 11 de novembro.
Os organizadores, que contan co apoio do Concello de Tomiño, trasladan a actividade para os días 30 de novembro e 1 e 2 de decembro.

Coma en edicións anteriores, as xornadas contarán con conferencias, exposicións, degustacións e saídas ao campo para recollida de setas.