Cándido Pazó trae a Tomiño “Historias que veñen e van”, este sábado, no auditorio goianés Continúa aberta a inscrición en actividades que están a piques de empezar, coma a escola de teatro e os programas “Xogando en Familia” e “Reactívate”

Nesta fin de semana Tomiño despide o mes de outubro con “HISTORIAS QUE VEÑEN E VAN”, da man do gran Cándido Pazó, que compartirá contos, comedia e outras lerias, mañá, sábado 27, no auditorio de Goián, ás 22.00h. As entradas, a un prezo simbólico de 2 euros, poranse á venda en taquilla, unha hora antes da función.

Por outra banda, en novembro, comezan as aulas da Escola de Teatro para persoas adultas, nenos e nenas (aínda hai tempo para inscribirse en https://tomino.gal/escola-municipal-de-teatro/). Tamén comeza o programa REACTÍVATE, para persoas maiores de 55 anos.

Lembrar, ademais, que continúa aberto o prazo de inscrición na actividade XOGANDO EN FAMILIA, destinada a nenos/as a partir de 6 anos e seus pais, irmáns, nais, avós, avoas… neste obradoiro as familias compartirán xogos tradicionais e construirán xoguetes cos que xogaban os seus e as súas maiores, o que servirá para dalos a coñecer ás nenas e nenos e, á súa vez, facer un repaso pola historia. Asemade, os pequenos terán a oportunidade de ensinarlles aos seus pais e avós, os xoguetes e xogos actuais. O 1, 15, 22 e 29 de decembro de 10.00h a 14.00h (inscricións en: https://tomino.gal/xogando-en-familia/).

Por último, aínda existe a posibilidade de inscribirse no curso de FRANCÉS BÁSICO II, en https://tomino.gal/frances-basico-ii.